Dende o 2 de Novembro de 2021 ata o 7 de Xaneiro de 2022 poderedes visitar na cela de homes, a exposición “Manazas”, do pintor emerxente José Luis Vázquez Meijide, máis coñecido como Mei.
Na exposición predominan as figuras humanas, e as escenas da vida cotiá relacionadas sobre todo co mundo do deporte. Pero ademais, tamén están presentes personaxes da cultura Pop coma o Joker e Charles Chaplin, os animais, ou os medios de transporte. Todas estas temáticas serán abordadas por Mei a través dun uso moi particular da cor e da textura.
