A Programación Continua de O Vello Cárcere é un conxunto de actividades pensadas para facer deste espazo cultural un lugar de encontro socio-educativo e de reflexión con dous piares de traballo fundamentais: dunha banda, a difusión da historia do edificio, da memoria histórica e da arte e cultura contemporáneas que hoxe acolle; e doutra banda, os fondos da biblioteca do Centro, que xiran ao redor das temáticas do feminismo, da banda deseñada, da xestión cultural e patrimonial e, de novo, da memoria histórica.
Durante os meses de xullo e agosto esta programación sofre cambios, polo que recomendamos visitar a nosa Axenda para estar o día.
OBRADOIROS:
A Toda Cor
Título da actividade | A Toda Cor |
Público | Nenos e nenas nados/as entre 2016-2021 |
Horario | Mércores de 17:30 a 18:30h |
Número de participantes | Ata completar o aforo (máx. 10) |
Lugar | Biblioteca |
Descrición da actividade | A partir de datas importantes, temáticas sociais proporemos obradoiros nos que a rapazada poderá aprender de xeito didáctico e ameno a través de actividades que poderán versar nun contacontos ou nunha manualidade. |
Construíndo memoria
Título da actividade | Construíndo memoria |
Público | Adultos |
Horario | Martes de 16:30 a 17:30h |
Número de participantes | Ata completar o aforo (máx. 10) |
Lugar | Biblioteca |
Descrición da actividade | A partir dos contidos da exposición permanente propoñemos un obradoiro teórico-práctico para a difusión dos mesmos. Con isto pretendemos crear unha comunidade, que participe no artellamento da memoria, traendo as súas propias imaxes e recordos, de xeito de que este obradoiro sirva, para crear consensos arredor da memoria do centro e da cidade. |
Abrindo as portas
Título da actividade | Abrindo as portas |
Público | Adultos |
Horario | Luns de 16:30 a 17:30h |
Número de participantes | Ata completar o aforo (máx. 10) |
Lugar | Biblioteca |
Descrición da actividade | A partir da historia do edificio e do que supuxo para a historia arquitectónica carceraria, así como para a cidade, propoñemos un obradoiro teórico-práctico para a súa difusión. |